Debido ao período de confinamento motivado pola pandemia do COVID-19, os departamentos didácticos tiveron que facer unha adaptación das súas programacións. Para ter a referencia das programacións orixinais pulsa de AQUÍ
Benvidos e benvidas á sección dos nosos musicais, resultado da colaboración de boa parte da comunidade educativa: profesorado, persoal non docente, pais/nais e, por suposto e por riba de todos, os auténticos protagonistas: o noso alumnado. Unha morea de persoas que, na procura da Beleza e coa vontade de aunar esforzos nunha mesma dirección, atopamos o tempo e as ganas para traballar en equipo e dar forma ó teatro musical, entendido non so como representación artística que non so abrangue a música (canto solista e coral, coreografías, música instrumental), a literatura e as artes plásticas (fondos, carteis, etc), así como cuestións lingüísticas (a tradución do inglés ó galego) e técnicas (imaxe, son, decorados, elaboración de vídeos, maquillaxe e peiteado, atrezo e cartelería), senón que tamén aporta un enorme campo transversal no que traballamos temas transversais (o compañeirismo, o diálogo, a reflexión, etc) e na adquisición de competencias clave como poden ser a comunicación lingüística, competencias sociais e cívicas, sentido da iniciativa e espíritu emprendedor e conciencia e expresións culturais.
Aquí poderedes atopar información relacionada cos nosos musicais: "Los miserables 2013", "Moulin Rouge 2014", "Mamma mia! 2015", "Hoy No Me Puedo Levantar (HNMPL) 2016", "Grease 2017", "A Bela e a Besta 2018/19" e proximamente "La la land 2020/21".
The show must go on!!!!