Debido ao período de confinamento motivado pola pandemia do COVID-19, os departamentos didácticos tiveron que facer unha adaptación das súas programacións. Para ter a referencia das programacións orixinais pulsa de AQUÍ
A Tecedora de Soños é o grupo de teatro do IES Xesús Taboada Chivite.
A súa andadura comeza no ano 2007 coa representación de Usa el coco chaval de José Luís Alonso de Santos.
O grupo foi dirixido os primeiros anos polas profesoras Elisa Vilela, do Dpto. de Lingua Castelá do IES Xesús Taboada Chivite (Verín, Ourense), e María del Carmen Varela, do IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense). Desde fai 3 anos ata hoxe, o grupo é dirixido por Elisa Vilela, e Felisa Tomé, compañeiras de departamento.
Os actores son actualmente 25 alumnos do centro, de diferentes niveis que abranguen desde 2º ESO ata 1º Bacharelato.
As obras representadas por eles suman un total de 23, cuxa lista cronolóxica pódese ver na sección obras representadas.