Debido ao período de confinamento motivado pola pandemia do COVID-19, os departamentos didácticos tiveron que facer unha adaptación das súas programacións. Para ter a referencia das programacións orixinais pulsa de AQUÍ
O galego é unha lingua viva, e para que o siga sendo, precisa que fagamos uso dela, tanto a nivel escrito como oral en calquera ámbito da vida cotiá.
Desde o EDLG do IES Xesús Taboada Chivite pretendemos contribuír ao fomento da lingua galega na comunidade educativa e no contorno social.
O noso equipo busca acadar os seguintes obxectivos.
-
Penetrar no mundo lusófono a través do galego.
-
Validar a nosa lingua no entorno científico.
-
Fomentar o galego a través da música e o ocio.
-
Ser un instrumento para unha xestiónsostible do medio ambiente.
-
Apreciar o patrimonio cultural que nos é propio.
Por iso tentaremos ser unha ferramenta útil para publicitar e visibilizar as actividades realizadas na nosa lingua, tanto no instituto como noutros centros ou institucións.